Neste espazo, embarcarémonos nunha fascinante viaxe ao redor dos planetas e lúas máis importantes do noso sistema solar. Este complemento web é ideal para descubrir a ciencia real que subxace á historia de "A Viaxe Espacial de Monchiño". Aquí, exploraremos a verdadeira natureza e as características dos corpos celestes que Monchiño visita, mergullándonos nun universo de descubrimentos e marabillas astronómicas.
No conto, Monchiño fai unha viaxe arredor de todos os planetas do sistema solar e tamén visita algunhas das súas fermosa lúas.
Abaixo podedes ver o sistema solar en tempo real. Podedes ampliar ou reducir o tamaño para ver como os planetas están moi separados. No conto, os planetas están máis cerca para que sexa máis fácil de ver.
Se nos fixamos, Monchiño achégase primeiro aos planetas máis próximos ao Sol. Para iso, comeza pasando pola nosa lúa, que é o corpo celeste máis próximo á Terra. A continuación, viaxa ao planeta que orbita máis preto da Terra, Venus. Logo, achegarase a Mercurio.
Vendo que hai moita calor preto do Sol, Monchiño diríxese a Marte. Desde alí, prosegue afastándose do Sol e visita os planetas gasosos: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Despois afondaremos en cada un destes planetas, pero mentres tanto, podedes comparar os seus tamaños coa Terra.
Finalmente, ao non atopar un lugar no que poder estar que non sexa a Terra, Monchiño diríxese a outro sistema solar, onde atopa mellores condicións nalgún planeta. Este sistema ven da imaxinación do autor, pero, aínda que pareza incrible, non está moi desencamiñado:
Na actualidade, descubríronse máis de 10.000 planetas espallados en distintos sistemas estelares, algúns dos cales se sospeita que poida ter vida. Tamén se sabe que algúns destes planetas teñen superficies de diamantes, outros están recubertos de océanos, algúns están rodeados de lava, e outros son desérticos. Ademais, hai miles de millóns de planetas sen descubrir, polo que o autor pode, lexítimamente, imaxinar calquera posibilidade.
Por desgraza, a día de hoxe, non. O espazo é moi, moi, pero moi enorme, polo que só realizar a visita aos planetas do sistema solar coa tecnoloxía actual levaríalle uns 50 anos (facendo un cálculo moi superficial, xa que o tempo real variaría moito dependendo das órbitas e outros factores). Ademais, se se quixese viaxar ao sistema solar máis próximo, pasaríanse 75.000 anos! Pero aí non acaba todo: mesmo para ir só a Marte, esa persoa tería que levar moita auga, moita comida, moito oxíxeno, entretemento, e moito máis. A nave sería inmensa! Non sabemos, por tanto, como as apañou Monchiño para facer un foguete tan especial 😊
Agora que xa coñecemos un pouco máis da historia que hai de fondo, imos logo a ver algunhas curiosidades dos planetas do noso sistema solar.
É a nosa estrela, a que nos dá calor e a que fai posible a vida na Terra. É moito máis grande do que poderiamos imaxinar, tanto que poderían entrar nela aproximadamente 1.300.000 Terras! Arredor dela xiran os planetas que coñecemos.
Como xa sabemos, Mercurio é o planeta que está máis preto do Sol. Debería ser o máis quente, pero non o é. Ao non ter unha atmosfera densa que reteña a calor, onde a luz do Sol incide hai moita calor, pero onde non chega a luz, as temperaturas poden ser moi frías. Incluso hai lugares onde nunca recibe luz que conteñen xeo.
Venus é o contrario de Mercurio. Debería ter unha temperatura moderada, pero debido á súa densa atmosfera, retén todo o calor que recibe. Hai milleiros de anos, crese que Venus puidera ter mares e mesmo vida cando as súas condicións eran mellores.
A Terra é o noso planeta e é o único que ten unhas condicións perfectas para a vida tal como a coñecemos. Está situada nunha zona onde non hai nin moito frío nin moito calor, ten unha atmosfera que non é nin moi grande nin moi pequena; un bo campo magnético, ten auga líquida, oxíxeno para respirar e distintos compoñentes ideais para a vida. Un pequeno desaxuste en calquera parámetro faría da Terra un lugar inhabitable, polo que, a pesar da nosa exploración, será case imposible atopar un lugar tan perfecto coma este.
A Terra ten como satélite a nosa lúa, que non ten atmosfera, polo que está exposta ao Sol e aos cambios bruscos de temperatura que fan imposíbel a vida.
Marte é un planeta máis frío debido á súa maior distancia do Sol e á súa atmosfera fina, que non retén o calor de maneira eficiente. Ademais, non conta cun campo magnético que o protexa dos raios solares e cósmicos, o que dificulta a existencia de vida tal e como a coñecemos na súa superficie.
Despois da Terra, é o planeta máis explorado. Ao longo das últimas décadas, enviáronse sondas e vehículos, xa que aínda existe a posibilidade de que algunha forma sinxela de vida microbiana puidese sobrevivir alí. Grazas á súa exploración descubriuse que hai moitas probabilidades de que no pasado houbese mares, ríos e lagos.
Xúpiter é un planeta enorme, o máis grande do sistema solar, no que entrarían aproximadamente 1.321 Terras. Está composto de moitas capas de nubes, líquidos e un núcleo rochoso. Os ventos e tempestades alí son abraiantes, e non podemos velo desde dentro porque calquera obxecto que pase por alí acaba destruído en instantes (salvo a nave de Monchiño, que parece indestrutible).
Ten moitas lúas, 79 en total, aínda que as máis coñecidas son as seguintes:
Saturno é máis pequeno que Xúpiter, pero na súa composición é moi similar. O que o fai destacar, sen dúbida, son os seus impresionantes aneis de xeo e rocha.
Saturno ten 83 lúas confirmadas, pero pode haber máis. As máis importantes son:
Urano é máis pequeno que Xúpiter ou Saturno, pero tamén está cuberto de moitos gases, como o metano, que lle dá esa cor azulada.
Ao contrario do resto dos planetas, en vez de rotar de pé, rota case de lado. Tamén ten moitas lúas, 27 que se coñecen.
Neptuno é o planeta máis afastado do Sol . Con unha composición semellante á de Urano é o lugar cos ventos máis fortes do sistema solar, que poden superar os 2.000 km/hora!
Ten 14 lúas coñecidas, destacando especialmente Tritón.
Antigamente, contábase un planeta máis aló de Neptuno, Plutón, que era o máis pequeno de todos, sendo incluso máis pequeno ca a Lúa. O problema é que, pouco a pouco, fóronse descubrindo novos planetas de tamaños similares, o que facía que se aumentase moito o número de planetas coñecidos. Por iso, decidiuse crear unha nova categoría chamada "planetas ananos" na que incluír todos os corpos espaciais similares a planetas pero que comparten espazo con outros obxectos, coma asteroides.
A través desta viaxe pola web, descubrimos moitas marabillas do sistema solar e máis aló, desde a fascinante diversidade de planetas e lúas ata os misterios dos planetas ananos.
Ainda que a viaxe espacial que fixo Monchiño está máis aló das nosas posibilidades actuais, estase avanzando moito na exploración espacial. Hoxe en día, sondas viaxan a outros planetas para enviarnos imaxes, robots exploran a Lúa e Marte, e potentes telescopios, tanto dende o espazo como dende a Terra, nos ofrecen imaxes de galaxias distantes e descubrimentos de planetas en sistemas estelares remotos. Ademais, proxectos incribles están en marcha para explorar o espazo e levarnos a novos horizontes.
A exploración do sistema solar e das estrelas máis aló do noso propio sistema segue sendo un campo aberto e emocionante, que ofrece novas e interesantes descubertas tódolos días. Segue explorando con curiosidade, porque as marabillas do espazo son infinitas e as oportunidades para descubrir algo novo son incribles!