Monchiño, un home túzaro e peculiar, decide escapar das normas da Terra e emprender unha emocionante viaxe espacial. Co seu foguete, feito de materiais de refugallo, visitará planetas, lúas e lugares inimaxinables en busca dun lugar mellor onde vivir.
Coñecemos os planetas do noso sistema solar e descubrimos algunhas características básicas e curiosidades dos mesmos
Comprendemos o lugar onde estamos e imaxinamos outras posibilidades que propón a ciencia, para decatarnos do lugar tan especial no que vivimos
Tódalas persoas convivimos nun mesmo planeta, polo que necesitamos ter normas para vivir tod@s o mellor posible
Ola, son Borja Soliño, un moañés de 33 anos, programador web, titor en formación e estudante de psicoloxía. Apaixonado polo deseño, a escritura e polo universo dende cativo, decidín facer este conto ilustrado axudado polo meu fillo de 3 anos. Espero que disfrutedes desta aventura tanto coma nós na nosa casa!
Acompaña ao noso heroe na súa viaxe polos planetas! Aquí poderás aprender curiosidades sobre os mundos que visita e descubrir a ciencia que hai tras do conto. Prepara os teus ollos para un universo cheo de sorpresas!